Descubre como Weathercloud pode axudarche a sacar o máximo proveito do teu dispositivo meteorolóxico.
Vincula o teu dispositivo a Weathercloud en só uns segundos e comeza a cargar automaticamente os teus datos meteorolóxicos.
Comparte os teus datos meteorolóxicos co mundo e segue outros dispositivos do teu interese.
Weathercloud fai que xestionar o teu dispositivo non só sexa fácil, senón tamén divertido. Accede á aplicación desde o teu ordenador, tableta ou smartphone e goza da mesma experiencia de usuario en tódolos dispositivos.
Almacena tódolos teus datos históricos na nube e accede a eles en calquera momento, desde calquera lugar e dispositivo. É todo automático, polo que non tes que preocuparte por sincronizar nunca máis.
Engade o teu dispositivo ao noso mapa meteorolóxico e comeza a compartir instantáneamente os teus datos actuais co mundo. Explora tamén lugares de interese para descubrir os dispositivos doutros membros.
Crea gráficos atractivos para períodos de tempo e intervalos de datos específicos e compara varias variables á vez. Os nosos gráficos dinámicos permítenche facer zoom e panorámica para obter a máxima precisión.
Se o tempo é importante para a túa empresa, deberías probar Weathercloud. Axudámosche a compartir facilmente as condicións meteorolóxicas actuais do teu hotel, estación de esquí ou lugar de windsurf cos teus clientes.
Estamos traballando constantemente para mellorar Weathercloud con novas funcións. Non dubides en enviarnos as túas ideas e suxestións e faremos todo o posible para incorporalas en futuras actualizacións.
Síguenos nas redes sociais.